Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2015/0178).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa mencionada no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente núm. LU-2015/0178, porque non foi posible realizarlle a notificación persoalmente.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, a resolución devirá firme.

A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Lugo, 16 de xaneiro de 2018

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2015/0178

Gemma Libertad Guzmán Luna

G13674326

Resolución de cancelación da inscrición