De conformidade co disposto no artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), e co artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade ás seguintes resolucións:
Instalación: ampliación de granxa de pavos de ceba |
Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental |
Titular: Avícola Marco, S.L. |
Expediente núm. 2016-IPPC-I-48 |
Localización: concello de Monterroso (Lugo) |
Data: 3.8.2017 |
Instalación: ampliación de granxa de pavos de ceba |
Procedemento: autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental |
Titular: Villacela, S.C. |
Expediente núm. 2016-IPPC-I-49 |
Localización: concello de Friol (Lugo) |
Data: 1.9.2017 |
Instalación: reforma e ampliación da explotación porcina A Xesteira |
Procedemento simplificado de modificación substancial da autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental |
Titular: Granxa A Xesteira, S.C. |
Expediente núm. 2015-IPPC-M-100 |
Localización: concello de Ponteceso (A Coruña) |
Data: 6.10.2017 |
Estas resolucións poderán consultarse en http://cmaot.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2017
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático