Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de xaneiro do 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-826/2017-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-826/2017-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Persoa interesada

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Domicilio

PSC-CO-826/2017-PPM

José Miguel Lado Trillo

76364643C

Proposta

r/ Da Barca, 3-Fisterra

PSC-CO-1057/2017-ORS

Mª Cipriana García Santos

52452171G

Proposta

Santa Cruz de Rosamonde, 3, A Pobra do Caramiñal