Mediante Decreto da Alcaldía do 29 de decembro de 2017 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 28/17).
2. Obxecto do contrato: servizo de roza de camiños públicos.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.
4. Orzamento base de licitación: 252.406 € (208.600 € máis 43.806 en concepto de IVE); polo prazo de 7 meses.
5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.
6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.
7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.
8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.
9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es
O Porriño, 2 de xaneiro de 2018
Eva García de la Torre
Alcaldesa