Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2018, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de modificación do uso dotacional da parcela municipal na rúa Romil 77, de dotacional escolar a deportiva (expediente 16241/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 27 de decembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar ao abeiro do disposto no artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e en similares termos no artigo 65.7 do seu regulamento, o cambio do uso dotacional dunha parcela sita na rúa Romil, núm. 77 (núm. 79 segundo o catastro) pertencente ao inventario municipal de bens (núm. de inventario provisional 4352), con referencia catastral declarada 2553034NG2725S, de 2.695 m2 de superficie, sita no ámbito do PERI I-06 Hispanidade, de dotacional escolar a dotacional deportivo.

Segundo. Publicar o presente acordo no BOP e no DOG, e notificalo para o seu coñecemento á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Terceiro. Remitir o presente acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, para o seu coñecemento e efectos. No anuncio de aprobación, referido no punto dispositivo segundo do presente acordo, farase constar a dita remisión.

Cuarto. Notificar este acordo ao departamento municipal de Deportes, Benestar Social e Educación, así como ao Servizo de Cartografía, á Oficina de Licenzas e á Oficina de Información da XMU».

Mediante o presente anuncio faise constar que, dando cumprimento ao establecido no punto terceiro da parte dispositiva, mediante oficio do 18 de xaneiro de 2018 foille remitido o dito acordo, xunto con dúas copias debidamente dilixenciadas do aprobado, á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, para o seu coñecemento e efectos.

Vigo, 19 de xaneiro de 2018

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo