Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9744

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

EXTRACTO da Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.

BDNS (Identif.): 385049.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdntrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:

– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2012 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Economía.

– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que será declarado de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.

– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda, calquera que sexa esta, ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación á Escola Galega de Administración Pública (EGAP), segundo o modelo que se inclúe como anexo I.

– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.

Segundo. Obxecto

A convocatoria dunha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público. A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases que rexerán serán as contidas na Resolución do 31 de xaneiro de 2018 pola que se convoca unha bolsa de formación na área da ciencia económica no sector público.

Cuarto. Contía

O importe da bolsa será de 1.100 € brutos mensuais, que se farán efectivos, tras a certificación da EGAP do bo aproveitamento da bolsa, polo importe líquido, tras realizar as retencións fiscais e sociais que correspondan, na conta bancaria que sinale a persoa beneficiaria da bolsa. Os meses serán considerados en todos os casos de 30 días. A cantidade percibida estará en función do número de días transcorridos desde a incorporación á bolsa.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2018

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública