Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9753

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria, servizos e agrícola primario, para o ano 2018, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 21, do 30 de xaneiro de 2018, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 6676, artigo 5, número 7, letra d), onde di: «As caldeiras que utilicen como combustible biomasa forestal e as instalacións solares que sexan obrigatorias en virtude do documento básico HE do Código técnico da edificación (CTE)», debe dicir: «As caldeiras que utilicen como combustible residuos non biodegradables e as instalacións solares que sexan obrigatorias en virtude do documento básico HE do Código técnico da edificación (CTE)».