Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 18 de xaneiro de 2018, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de concesión administrativa para legalización de liñas eléctricas e cambio de sección no porto de Pontecesures (expediente 13-01-15-C1).

José Antonio Fernández Amaro, en nome e representación da entidade Unión Fenosa Distribución, S.A., solicita a concesión administrativa para a legalización de liñas eléctricas e cambio de sección no porto de Pontecesures, segundo o proxecto titulado Separata de cambio de sección PAD808, redactado polo enxeñeiro industrial Burkard Hecht Elourdy en xullo de 2015.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 18 de xaneiro de 2018

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur