Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José María Camiña Chaves.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra tramítase o recurso 365/2017 (procedemento abreviado), interposto por José María Camiña Chaves contra a Resolución do 10 de outubro de 2017, da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 3 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (categoría: enfermeiro/a) (DOG núm. 94, do 18 de maio de 2017).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos