Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4461/2017, interposto Autocares Guerra, S.L., contra o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de xullo de 2017 e resolucións do director xeral de Mobilidade.
Para os efectos de cumprir o solicitado no citado escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.
O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2018
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda