Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10006

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanaría, Calefacción, Gas, Climatización, Mantemento e Afíns (Fegagon).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais se acordou depositar, con data 25 de xaneiro de 2018, a modificación de diversos artigos dos estatutos da Federación Galega de Asociacións Provinciais Empresariais de Fontanaría, Calefacción, Gas, Climatización, Mantemento e Afíns (Fegafon).

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: poderán formar parte da federación as asociacións empresariais de ámbito provincial, así como outras asociacións empresariais de actividades abarcadas pola federación e calquera ámbito.

Asinantes: Pascual Martínez Bellón (presidente) e Santiago Zapata Seoane (secretario).

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego