Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se somete a información pública a actualización do estudo de impacto ambiental da zona de reestruturación parcelaria de Gonzar II, no concello do Pino, A Coruña.

O artigo 63.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán a un trámite de información pública durante un prazo non inferior a trinta días, logo de anuncio no diario oficial que corresponda. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución, a actualización do estudo de impacto ambiental para a zona de reestruturación parcelaria de Gonzar II, no concello do Pino, A Coruña.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, así como na páxina web da Conselleria do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións, durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural