Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2018 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 325/2017 no expediente sancionador IU3/92/2011-SA1.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo en relación co procedemento ordinario 325/2017, interposto por María Ángeles Vázquez Valcárcel contra a desestimación presunta por silencio administrativo do recurso potestativo de reposición, interposto contra o Acordo do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística do 27 de novembro de 2015, que resolve impoñer a Ángel Romero Rodríguez García e María Ángeles Vázquez Valcárcel unha sanción consistente en multa, como responsables dunha infracción urbanística moi grave, pola realización das obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía residencial sen vinculación a explotación agropecuaria no lugar de Vilasante, Fontao, concello de Sarria, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo.

Ao non poder realizarse a notificación persoal dos emprazamentos, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas-LPACAP, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Ángel Romero Rodríguez García para que se poida presentar como interesado nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística