Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laza

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Laza.

Aprobada inicialmente, por acordo do Pleno, do 6 de febreiro de 2018, a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, de conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 144, en relación co artigo 200 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Durante o dito prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as suxestións, observacións e alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (www.laza.es).

Queda suspendido o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será de dous anos, aínda que en calquera caso se extinguirá coa aprobación definitiva da modificación puntual que se vén de aprobar inicialmente.

As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

– Sistemas xerais Sp.g.nc-01, Zv.g.nc-01 e Sc.g-02 no núcleo urbano de Laza.

Laza, 7 de febreiro de 2018

José Ramón Barreal Novo
Alcalde