Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2018 pola que se anuncia o procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a xestión integral da Escola Infantil no Campus de Ourense (expediente 303/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 303/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: xestión integral da Escola Infantil da Universidade de Vigo no Campus de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega:

• Enderezo: Campus Sur de Ourense.

• Localidade e código postal: Ourense 32004.

d) Prazo de execución: vinte e catro meses a partir do 1 de setembro de 2018, ou desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato, se esta última data é posterior. Non obstante, o contrato pode ser prorrogado anualmente por un máximo de dous anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV: 80110000-8. Servizos de ensino preescolar.

g) CPA:85.10.10. Servizos de educación preprimaria.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego.

4. Valor estimado do contrato: non procede.

5. Orzamento base de licitación: canon bianual que deberá aboar a empresa contratista: 1.200 euros. Importe IVE para soportar: 252 euros.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 6.000 euros.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: a que se indica, respectivamente, nos números 11 e 12 da folla resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Plaza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo, s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario; aproximadamente 1.300 euros.

Vigo, 6 de febreiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2018; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo