Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se corrixe un erro no Anuncio do 21 de decembro de 2017 polo que se publica a resolución de clasificación do monte veciñal en man común de Bóveda-ampliación (expediente 10/2016).

Advertido erro no devandito anuncio no Diario Oficial de Galicia núm. 11, do 16 de xaneiro de 2018, cómpre facer a seguinte modificación:

Na páxina 3398, no último parágrafo, onde di:

«Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.»

Debe dicir:

«Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 28 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC.»

Esta corrección de erros determina que o prazo para presentar recurso potestativo de reposición ou contencioso-administrativo contra as resolucións contará desde a publicación da corrección no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 30 de xaneiro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Lugo