Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 15 de febreiro de 2018 Páx. 10358

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 20/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 20/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo González Bustabad contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., foi ditada a seguinte resolución:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Pablo Gonzalez Bustabad contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A., parte executada, polo importe de 3.324,16 euros en concepto de principal (2.462,89 euros + 200 euros de honorarios do letrado executante + 661,27 euros de xuros do artigo 29.3 do ET), máis outros 332,41 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución».

«Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Falcón Contratas y Seguridad, S.A., dar audiencia previa á parte demandante, Pablo González Bustabad, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo termo de quince días, para que poidan sinalar a existencia de novos bens, de cuxo resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente e sen que a interposición teña efectos suspensivos respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza