Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10476

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de febreiro de 2018 pola que se concede a acreditación do Comité Territorial de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense e se procede ao nomeamento dos seus membros.

Advertido erro na resolución arriba indicada, que se publicou no Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2018, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 9327, no anexo, onde se relacionan as persoas que son nomeadas como membros deste comité, a penúltima delas, onde di: «María García Ponte», debe dicir: «María Ponte García».