De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia das incidencias na renda básica de emancipación-trámite de audiencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que o publiquen por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo
ANEXO
Expediente |
Persoa interesada |
DNI/NIE |
Dependencias da comparecencia |
RBE-13054-08 |
Mario Boga Lesta |
…480V |
A Coruña |
RBE-13381-08 |
Rodrigo Madriñán Martín |
…840X |
A Coruña |
RBE-18601-08 |
Rubén Martínez Acuña |
…608K |
A Coruña |
RBE-23531-09 |
José Luis Vázquez Expósito |
…670Z |
A Coruña |
RBE-27734-10 |
María Alejandra Perello Castro |
…751F |
A Coruña |
RBE-28680-10 |
Patricia María Lopes Cabral |
…205Q |
A Coruña |
RBE-31832-10 |
Nuno Fernando da Silva Sampaio |
…326Y |
A Coruña |
RBE-37098-11 |
Leonardo Guerra Iglesias |
…144L |
A Coruña |
RBE-38580-11 |
Gabriela Aguirre Seren |
…990K |
A Coruña |
A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis 1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.
Santiago de Compostela: Área Central, local 25-Z, 1º andar, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 19 33.
Lugo: avenida Ramón Ferreiro, 28, 27002 Lugo. Teléfono: 982 88 92 60.
Ourense: rúa Valente do Casar, nº 2 baixo, 32003 Ourense. Teléfono: 988 78 86 83.
*Pontevedra: rúa Alcalde Hevia, nº 7 baixo, 36071 Pontevedra. Teléfono: 986 80 56 06. Horario de atención ao público: martes e venres, das 9.00 ás 14.00 horas.
Vigo: praza Maruja Mallo, 1-1º, 36206 Vigo, Pontevedra. Teléfono: 986 49 45 62.