Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio correspondente a un expediente de reintegro de axudas e subvencións para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia do 25 de marzo).

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación do acordo de inicio de reintegro no último domicilio coñecido da persoa interesada sen que esta se puidese practicar, notifícaselle á persoa citada no anexo para que, no prazo de dez (10 días), contado desde o seguinte ao da data de publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, compareza persoalmente ou debidamente representada no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Vigo; rúa Concepción Arenal, 8, 2º (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para ter coñecemento do contido daquela, advertíndolle de que, de non facelo así, se considerará notificada cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para alegar o que máis conveña aos seus intereses no prazo de quince (15) días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra.

Pontevedra, 5 de febreiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente de reintegro: Reint. 2017/032-5.

Número de expediente de xestión: TR 341D 2011/2374-5.

Nome: Vicenlle-Parejo Bravo, Silvia.

NIF: 76929432K.

Último enderezo coñecido: rúa Joaquín Costa, nº 35-6º D. 36001 Pontevedra (Pontevedra).

Tipo de axuda: promoción do emprego autónomo.

Norma reguladora: Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da devandita Orde do 17 de marzo de 2011.

Contido do acordo: inicio do procedemento de reintegro total.

Data do acordo: 21.12.2017.