Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 16 de febreiro de 2018 Páx. 10569

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2018, do tribunal nomeado para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, convocada pola Resolución do 11 de decembro de 2017 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos neste proceso.

En sesión que tivo lugar o día 7 de febreiro de 2018, o tribunal nomeado por Resolución do 30 de xaneiro de 2018 (DOG núm. 26, do 6 de febreiro) para a selección dunha praza de titulado/a superior para a Unidade de Asesoramento Científico-Técnico, á vista das solicitudes presentadas e logo da comprobación do cumprimento dos requisitos exixidos,

ACORDOU:

Aprobar e facer públicas as listaxes de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, indicando, para estes últimos, a causa de exclusión. As ditas listaxes publícanse na páxina web da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (www.acis.sergas.es) e no taboeiro de anuncios desta.

De acordo co disposto na base 6.1 da convocatoria, os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar, se é o caso, o defecto que motivou a exclusión.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2018

María Isabel Barros Pena
Presidenta do tribunal