Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 19 de febreiro de 2018 Páx. 10787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-552, puntos quilométricos 1+100 a 5+600, coa clave PO/17/139.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Para os efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, sométese ao trámite de información pública o proxecto de construción Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguiridade viaria no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-552, p.q. 1+100 a 5+600, coa clave PO/17/139.06. O tramo de estudo está comprendido entre os puntos quilométricos mencionados da PO-552, que pertence á Rede primaria básica de estradas de Galicia, no termo municipal de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Este proxecto ten por obxecto mellorar a seguridade viaria no treito do proxecto, mediante a execución dunha serie de actuacións encamiñadas a reducir a posibilidade de aparición de sinistros nunha zona de carácter urbano e periurbano cunha elevada intensidade de tráfico.

As obras previstas comprenden as seguintes actuacións:

– Transformación da intersección en T situada no p.q. 1+100 da marxe dereita, nunha glorieta semaforizada, e acondicionamento da intersección en T na marxe esquerda.

– Transformación da intersección en T situada no p.q. 1+780 nunha glorieta semaforizada.

– Acondicionamento das interseccións na marxe dereita, no p.q. 1+740 e 1+820.

– Acondicionamento da intersección no p.q. 2+100, con carrís centrais de espera, aceleración e cambio de sentido na marxe dereita.

– Mellora dos accesos na marxe esquerda do p.q. 2+420 e 2+480.

– Mellora das interseccións en ambas as dúas marxes entre o p.q. 2+800 e 2+900, en Coruxo.

– Acondicionamento da intersección do p.q. 3+060 da marxe esquerda, con carrís centrais de espera, aceleración e cambio de sentido, coa realización dunha glorieta neste punto.

– Mellora de beirarrúas, pasos de peóns e paradas de bus.

– Mellora de interseccións entre os p.q. 4+400 e 4+600, con carrís centrais para os accesos en ambas as dúas marxes.

– Realización dunha glorieta no p.q. 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.

– Mellora e reposición da sinalización horizontal e vertical, o balizamento e os sistemas de contención de vehículos.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º, 4º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Vigo (praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), está á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados
Proxecto de construción
Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: MSV no contorno de TCA estrada PO-552, p.q. 1+100 A 5+600
Clave PO/17/139.06

Concello de Vigo

Ref.

catastral

Titular

Tipo solo

Uso

Sup. exprop. m2

Sup. total

m2

Cantidade

Ud.

Ben

1

9721311NG1792S

Moreno Martínez, Manuel

UR

Industrial

149,40

1.346,00

75,40

m2

Soleira de formigón

2

9618901NG1791N

Costas Rodríguez, María Rosa

UR

Residencial

4,50

1.792,00

5,52

9,18

7,00

m2

m2

m2

Muro de cachotaría

Muro de bloque

Alpendre

3

9416103NG1791N

Fomento de Construcciones
y Contratas, S.A.

UR

Industrial

44,30

12.809,00

5,75

23,10

7,50

11,00

1,00

1,00

m2

m2

m

m2

ud

ud

Muro de formigón

Muro de bloque

Piares de formigón

Aramado electrosoldado

Traslado de portal

Traslado de hidrante

4

9416102NG1791N

Moure Quinta, Isaura

UR

Residencial

88,10

832,00

41,20

20,00

2,00

m2

m2

ud

Muro de formigón

Celosía prefabricada

Froiteiras

5

54057A11800184

Descoñecido

RU/UR

Agrario/resi

23,00

1.898,00

12,00

22,00

12,00

1,00

m2

m2

m2

ud

Muro de formigón

Soleira de baldosa

Enreixado de ferro de 1ª

Traslado de portal de ferro

6

9118933NG1791N

Hierros del Cantábrico, S.A.

UR

Industrial

147,30

9.464,00

25,00

50,00

2,00

m2

m2

ud

Muro de formigón

Aramado electrosoldado

Traslado de portal

7

9215301NG1791N

Grupo Empresas Álvarez, S.A.

UR

Solo sen edificar

83,30

34.930,00

28,50

115,20

m2

m2

Muro de formigón

Aramado electrosoldado

8

9118957NG1791N

César Fernández Cervera, S.L.

UR

Residencial

13,10

386,00

19,00

28,50

14,00

1,00

2,00

m2

m2

m2

ud

ud

Muro de bloque

Aramado sobre postes de formigón

Soleira de formigón

Traslado de portal

Traslado contador auga potable

9

8916516NG1791N

Prado Comesaña, Guillermo

UR

Residencial

24,50

506,00

9,00

3,00

10,50

10,60

1,00

1,00

m2

ud

m2

m

ud

ud

Muro de formigón

Escaleiras de pedra

Soleira de formigón

Varanda inox.

Traslado cartel publicitario

Traslado de portal

10

8916517NG1791N

Prado Comesaña, Guillermo

Comesaña Alonso, Carmen

Comesaña Alonso, José Luis

UR

Residencial

18,20

439,00

18,00

4,00

m2

ud

Soleira de formigón

Traslado contadores eléctricos

11

54057A14800390

Decoñecido

RU

Agrario

166,20

375,00

81,60

m2

Aramado sobre postes de formigón

12

54057A14800391

Descoñecido

RU/UR

Agrario/resi

202,70

967,00

16,00

1,00

4,00

m2

ud

ud

Aramado sobre postes de formigón

Traslado de portal

Froiteiras

13

54057A14800392

Descoñecido

RU

Agrario

26,60

225,00

14

54057A14900001

González Temes; José, herdeiros

RU

Agrario

87,40

2.459,00

15

54057A12600517

Descoñecido

RU

Agrario

1,20

759,00

1,13

1,00

m2

ud

Muro de bloque

Traslado de portal

16

54057A12600518

Prado Pérez, Belarmino

RU

Agrario

10,30

1.137,00

4,50

3,00

m2

m

Muro de bloque

Piares de formigón