Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 20 de febreiro de 2018 Páx. 11048

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para dúas prazas de persoal.

Convócase un proceso selectivo para cubrir as seguintes prazas:

1 técnico/a superior de proxecto (referencia EOSC-HUB-18-TSP1).

1 técnico/a superior de proxecto (referencia EOSC-HUB-18-TSP2).

Proxecto que se vai desenvolver: Integrating and managing services for the European Open Science Cloud (EOSC-HUB).

Modalidade contractual: contratos temporais a xornada completa para realizar o proxecto específico de investigación científica e técnica regulado polo disposto na lexislación vixente que resulte de aplicación e, en particular, polos artigos 12 e 15 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (avenida de Vigo, s/n, Edificio Cesga), Campus Sur, 15705 Santiago de Compostela, e na páxina web http://www.cesga.es/ofertas_emprego/

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Javier García Tobío
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia