Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 553/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 553/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Carbajales López contra o Fondo de Garantía Salarial, Playa Forestal, S.L., Rafael Gaisse Fariña, administrador concursal de Playa Forestal, S.L., sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza nº 26/18

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento nº 553/17 de despedimento, por instancia de José Carlos Pérez García, representado polo letrado José Carbajales López, representado polo letrado Juan Carlos Otero Lourido, contra Playa Forestal, S.L., a súa administración concursal e o Fogasa, non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes [...]

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Carbajales López contra Playa Forestal, S.L. e declaro improcedente o despedimento do demandante, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación deste coa empresa demandada, con efectos da data da presente resolución, condenando a empresa a pasar por esta declaración e a aboar ao demandante unha indemnización de 3.908,30 euros e salarios de trámite polo importe de 11.871,2 euros.

Condénase a administración concursal da empresa a pasar polo anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Asinado. Patricia López Arranz.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Playa Forestal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza