Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 21 de febreiro de 2018 Páx. 11092

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SSS 430/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 430/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ferrovial Agromán, S.A. contra as empresas Construciones Adolfo Sobrino, S.A., Construcciones Cisa-05, S.L., Encofrados Edical 89, S.L.U., Manuel Núñez Amigo, Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Resolvo que debo desestimar e desestimo as demandas acumuladas interpostas por Ferrovial Agromán, S.A e Encofrados Edical 89, S.L. contra os restantes demandados, con absolución destes.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construciones Adolfo Sobrino, S.A. e Construcciones Cisa-05, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de febreiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza