Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 23 de febreiro de 2018 Páx. 11474

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se publican as relacións definitivas de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, para a subescala de intervención-tesouraría, e se convocan as correspondentes probas selectivas.

De conformidade co establecido no artigo 5.3 da Orde da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 30 de novembro de 2017, pola que se establece o procedemento para a selección e nomeamento de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, e rematado o prazo para formularen reclamacións ou emendas ás solicitudes para a inclusión nas bolsas de interinos relativas á subescala de intervención-tesouraría.

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a listaxe definitiva de admitidos e excluídos ao procedemento para a selección de persoal interino para o desempeño de postos reservados a persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2017, relativa á subescala de intervención-tesouraría.

A listaxe definitiva de admitidos e excluídos para a realización da proba tipo test e da proba de galego, nos casos en que proceda, están á disposición das persoas interesadas na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Segundo. Convocar as persoas admitidas para a realización da proba de coñecemento de galego que terá lugar o vindeiro 28 de febreiro de 2018, na Dirección Xeral de Administración Local, sita no segundo andar na Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único ás 12.00 horas.

Terceiro. Convocar as persoas admitidas para a realización da proba tipo test que terá lugar o vindeiro 28 de febreiro de 2018, no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, en chamamento único ás 15.30 horas.

Cuarto. Poñer en coñecemento dos interesados que os anuncios, avisos e resolucións correspondentes a este proceso selectivo estarán dispoñibles no enderezo https://sede.xunta.gal/tramitar/PR410A.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Administración Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

Marta Fernández-Tapias Núñez
Directora xeral de Administración Local