A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan Internacional de Promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:
1. Visita á Feira Seafood Expo Global (Bruxelas, Bélxica, do 22 ao 28 de abril de 2018). Sector: produtos do mar, maquinaria para o seu procesamento e produtos e servizos relacionados.
2. Visita á Feira Coverings (Atlanta, Estados Unidos, do 6 ao 13 de maio de 2018). Sector: pedra e produtos e servizos relacionados.
3. Visita á Feira Ifat (Múnic, Alemaña, do 12 ao 20 de maio de 2018). Sector: tecnoloxía ambiental e produtos e servizos relacionados.
Primeiro. Beneficiarios
Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.
O número máximo de empresas beneficiarias será:
1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 20.
2. Visita á Feira Coverings: 13.
3. Visita á Feira Ifat: 11.
Segundo. Obxecto
O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.
Terceiro. Convocatoria
O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través da web www.camarapvv.es
Cuarto. Contía
O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:
1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 18.300 €.
2. Visita á Feira Coverings: 24.920 €.
3. Visita á Feira Ifat: 14.520 €.
Dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020.
Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, serán de:
1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 5.100 €.
2. Visita á Feira Coverings: 4.900 €.
3. Visita á Feira Ifat: 5.640 €.
Cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe do 20 % pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.
A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria ás empresas participantes nas seguintes actuacións é:
1. Visita á Feira Seafood Expo Global: 13.200 €.
2. Visita á Feira Coverings: 20.020 €.
3. Visita á Feira Ifat: 8.880 €.
En concepto de subvencións, as axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao de publicación desta convocatoria e finalizará o día 5 de abril de 2018 para a visita á feira Seafood Exo Global, o día 12 de abril para a visita á feira Coverings, e o día 19 de abril para a visita á feira Ifat.
O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.es
Vigo, 1 de febreiro de 2018
José García Costas
Presidente