Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se notifica ao interesado o emprazamento no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 0000005/2018 MS, interposto contra o recurso RR/CON/2016/00231 en relación co expediente ANP-PO-0023/2016.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non foi posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, e para os efectos de cumprir o solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, comunícase a Pablo Portela Sueiro que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 0000005/2018 MS, interposto por Rebeca Garrido Múgica, contra a resolución do recurso de reposición ditada pola secretaria xeral técnica por delegación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con data do 15 de setembro de 2017, interposto contra a Resolución do 26 de setembro de 2016, ditada pola entón directora xeral de Conservación da Natureza por delegación da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, recaída no expediente ANP-PO-0023/2016.

Esta secretaría xeral técnica acorda, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notificar o emprazamento a Pablo Portela Sueiro para que poida comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio