Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 19 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4042/2018, interposto pola Asociación Empresarial Rural Galega-Fruga.

A Consellería do Medio Rural recibiu da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia oficio polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4042/2018, interposto pola Asociación Empresarial Rural Galega-Fruga contra a Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG núm. 230, do 4 de decembro).

En consecuencia, esta consellería acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo ao dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos, ante a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 (nove) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

María del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural