Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

EDICTO para a legalización de nave para actividade de centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil.

Tendo solicitado nesta alcaldía Juan Balsa Mayor licenza municipal para a legalización de nave existente para actividade de centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil, sita no lugar da Picaraña, polígono 506, parcela 598; en cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este -que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG- poidan examinar o expediente na Secretaría deste Concello, en horario de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que, dalgún xeito, se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 16 de xaneiro de 2018

Antonio Fernández Angueira
Alcalde