Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 26 de febreiro de 2018 Páx. 11843

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO para a licitación do contrato mixto de xestión do servizo público de piscina municipal descuberta e bar anexo.

1. Entidade adxudicadora: Concello do Barco de Valdeorras. Praza do Concello, núm. 2. O Barco de Valdeorras, 32300.

2. Obxecto do contrato: contrato administrativo mixto (xestión de servizos e administrativo especial). Descrición: xestión do servizo público de piscina municipal descuberta e bar anexo.

3. División por lotes: non.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Valor estimado do contrato: 129.195 euros.

6. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do valor estimado do contrato a dous anos.

7. Obtención de documentación e información: Concello do Barco de Valdeorras, praza do Concello, núm. 2, 32300 Ourense. Teléfono: 988 32 02 02. Fax: 988 32 59 78, correo electrónico: auxiliar.secretaria@concellodobarco.org, perfil de contratante: www.concellodobarco.org.

8. Presentación de ofertas: 15 días naturais seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP de Ourense, DOG ou no perfil de contratante do órgano de contratación, segundo a cláusula 8ª do prego administrativo.

9. Criterios de adxudicación:

a) Criterios de valoración en cifras ou porcentaxes: menor importe da subvención a percibir: ata 10 puntos.

b) Desempate: traballadores fixos discapacitados.

10. Apertura de ofertas: segundo se especifica no prego administrativo.

11. Solvencia económica e financeira e técnica e profesional: segundo a cláusula 11ª do prego administrativo.

O Barco de Valdeorras, 19 de febreiro de 2018

Alfredo García Rodríguez
Alcalde