Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11921

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de febreiro de 2018 pola que se amplía o prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

A Orde da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, dispón na base II.1.1.4 que o prazo máximo para a realización do cuarto exercicio será de 40 días hábiles contados desde o remate do exercicio anterior.

O terceiro exercicio da fase de oposición, correspondente ao proceso selectivo que se cita, foi realizado o día 19 de xaneiro de 2018.

Diversas cuestións de carácter organizativo impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro, polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, en vinte dias hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso ningún, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda