Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 498/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emilio José Hermo Castro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:
Acordo:
– Ter por desistido a Emilio José Hermo Castro da súa demanda fronte a Vodafone España, Código y Sinal, S.L., Icono-Telecom, Alcatel Lucem e Fogasa.
– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.
E para que sirva de notificación en legal forma a Alcatel Lucem e a Código y Sinal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018
A letrada da Administración de xustiza