Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto multicriterio, documentalmente simplificado, non suxeito a regulación harmonizada, do servizo de dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación e Apoio Administrativo.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: 981 54 43 23.

5º. Telefax: 981 54 43 66.

6º. Correo electrónico: contratacion.civ@xunta.gal.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 279888.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 19.00 horas do último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 8/2018 M.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: dirección de execución de obra e coordinación de seguridade e saúde da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01.

c) Prazo de execución: 18 meses para a fase de execución das obras e 2 meses máis para os seus aspectos finais e a súa posta en marcha, de acordo co establecido na letra E do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV (referencia de nomenclatura): 71200000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no punto 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 152.609,17 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 152.609,17 €. Importe total: 184.657,10 €.

b) Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 14 de marzo de 2018, ás 19.00 horas.

b) Modalidade de presentación: a sinalada no punto 3.4. do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: admitiranse melloras segundo o establecido na cláusula 3.5.2 do PCAP. Non se valorará a redución de prazo.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.

9. Subcontratación: de acordo co establecido no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda