Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 27 de febreiro de 2018 Páx. 11929

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 54/2017).

Procedemento ordinario 54/2017

Procedemento de orixe: xuízo verbal 54/2017

Sobre: outros verbal

Demandante: Carpintería Tricarpin Rial y Leis, S.C.

Procuradora: Marta Domelo Gómez

Avogado: José Luis Martínez-Olivares Gómez

Demandado: María Vilacoba y Otro, S.C. Procurador/a Sr/a. Avogado/a Sr/a.

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Carpintería Tricarpin Rial y Leis, S.C. fronte a María Vilacoba y Otro, S.C. ditouse sentenza cuxo teor literal na súa decisión é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Carpintería Tricarpin Rial e Leis, S.C. contra María Vilacoba y Otro, S.C. e, en consecuencia, condeno a entidade demandada a aboarlle á demandante a suma de 6.431,15 euros, incrementada cos xuros legais devindicados, desde a data de presentación da demanda (23 de xaneiro de 2017) ata o seu completo pagamento á parte demandante, e con aplicación do artigo 576 da LAC desde a data da sentenza.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

E encontrándose a dita demandada, María Vilacoba y Otro, S.C. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza