En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise púlico para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2017023816, ref. 2473.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de acondicionamento da vía na rúa da Tenencia-Montoscos (Zaín).
c) CPV: 45000000.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 3.10.2017, 4.10.2017 e 11.10.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 145.176,35 euros. IVE: 30.487,03 euros. Importe total: 175.663,38 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2017.
b) Data de formalización: 22 de xaneiro de 2018.
c) Contratista: Elecnor, S.A.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 84.492,63 euros. IVE: 17.743,45 euros. Importe total: 102.236,08 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 23 de xaneiro de 2018
Jesús Vázquez Abad
Alcalde