En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de obras:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2017022054, ref. 2468.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.gal.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de obras.
b) Descrición do obxecto: contratación das obras do proxecto de urbanización da rúa Antolín Losada Torvisco e prolongación Bieito Amado (Rairo).
c) CPV: 45000000.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 13.10.2017, 19.19.2017 e 20.10.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 873.142,12 euros. IVE: 183.359,85 euros. Importe total: 1.056.501,97 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 28 de decembro de 2017.
b) Data de formalización: 17 de xaneiro de 2018.
c) Contratista: Nexia Infraestructuras, S.L.U. e Montajes JM Iglesias, S.L. Unión Temporal de Empresas, Lei 18/1992, abreviadamente UTE rúa Antolín Losada.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 482.760,28 euros. IVE: 101.379,66 euros. Importe total: 584.139,94 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das presentadas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 22 de xaneiro de 2018
Jesús Vázquez Abad
Alcalde