En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Ourense.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
c) Número de expediente: 2017002348, ref. 2440.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de servizos.
b) Descrición do obxecto: servizo de sinalización vertical e pintura das vías do termo municipal de Ourense.
c) CPV: 45233221-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 30.6.2017, 4.7.2017 e 10.7.2017.
3. Trámite e procedemento de adxudicación.
a) Trámite: ordinario.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: importe neto: 41.322,31 euros. IVE: 8.677,69 euros. Importe total: 50.000,00 euros.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 30 de novembro de 2017.
b) Data de formalización: 20 de decembro de 2017.
c) Contratista: Señalizaciones Villar, S.A.
d) Importe de adxudicación: unha baixa do 41,52 % sobre todos os prezos sinalados no anexo I do prego de prescricións técnicas.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a oferta economicamente máis vantaxosa das admitidas e ser o prezo o único criterio de adxudicación.
Ourense, 22 de decembro de 2017
Jesús Vázquez Abad
Alcalde