Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública de dous bens inmobles situados no concello de Santiago de Compostela.

Ás 11.00 horas do día 18 de abril de 2018 terá lugar no salón de actos número dous da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, perante a mesa presidida pola secretaria xeral técnica e do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, a primeira, segunda e terceira poxa pública dos seguintes lotes de bens inmobles da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado polas ordes da Consellería de Facenda do 3 de novembro de 2017 e do 4 de xaneiro de 2018:

• Lote 1.

Departamento número un. Edificación situada no lugar de Outeiro, parroquia de Nosa Señora de Fátima do Castiñeiriño no concello de Santiago, de catro plantas ocupando unha superficie da parcela de 102,74 m2, dunha superficie construída de 304,34 m2 dos que corresponden ao soto 78,64 m2 construídos e 71,82 m2 útiles; á planta baixa 81,65 m2 construídos e 66,08 m2 útiles; aos soportais 21,09 m2; á planta alta 78,64 m2 construídos e 63,87 m2 útiles; e ao baixo cuberta 44,32 m2 construídos e 35,69 m2 útiles. A edificación atópase construída sobre un terreo descrito como parcela número 3. Eiravedra-3 a labradío e monte de 438,34 m2 que linda: norte, parcela nº 2 anterior (Eiravedra-2); sur, parcela nº 4 seguinte (Eiravedra-4); leste, despois de terreo cedido ao Concello, cómaro que a separa de monte comunal, hoxe camiño veciñal e oeste, despois de terreo cedido ao Concello, presa e camiño, muro no medio. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela no tomo 1.485, libro 527, folio 60, predio 42.273. Referencia catastral 7544847NH3474C0001UX.

Tipo de licitación primeira poxa: 203.305,50 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 172.809,68 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 142.313,85 euros.

• Lote 2.

Piso situado na planta cuarta da rúa doutor Teixeiro 26 de Santiago de Compostela, dunha superficie construída de 160 m2 que linda comprendidos o patio de luces e a caixa da escaleira: polo leste ou fronte do edificio rúa Doutor Teixeiro; polo oeste ou fondo, coa vertical ao terreo a patio anexo ao piso baixo-local ou piso número un; polo norte, ou dereita entrando ao edificio, coa vertical ao predio de Adriano Martínez Piña (actualmente edificio da rúa Doutor Teixeiro 24); polo sur, ou esquerda, coa casa de Antonio Bouzas Ferreiro e outros (actualmente edificio da rúa Doutor Teixeiro 28), por encima coa bufarda e polo baixo co piso terceiro. Ten anexa a leñeira sinalada co nº 4 existente na parte dianteira da bufarda duns 14 m2 de extensión á cal ten acceso por un corredor común con entrada independente desde a escaleira. Cota de participación 16 %. Inscrito no Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago no tomo 1.376, libro 362, folio 36 do predio 32.709. Referencia catastral 7271203NH3477A0005BD.

Tipo de licitación primeira poxa: 231.975,04 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 197.178,78 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 162.382,53 euros.

Os lotes poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do lote perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na Caixa de Depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos lotes, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67

Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2018

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda