Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12049

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 19 de febreiro de 2018 pola que se dispón o cesamento de membros do Consello Galego de Universidades.

Mediante Orde do 21 de novembro de 2013 (DOG do 3 de decembro), fíxose pública a composición do Consello Galego de Universidades.

O Decreto 98/2014, do 17 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do Consello Galego de Universidades, regula a composición deste órgano colexiado e no seu artigo 5 na alínea h) do punto 1 establécese que formarán parte daquel, catro membros designados pola comisión do Parlamento de Galicia competente en materia universitaria, en proporción á súa representación no Pleno do Parlamento.

Establece o artigo 8 do Regulamento do Consello Galego de Universidades que a duración do mandato dos membros de designación parlamentaria será de catro anos. Transcorrido o período indicado, expira o período de mandato dos catro membros designados polo Parlamento de Galicia.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo único

Que cesen como membros vogais designados pola Comisión 4ª, Educación e Cultura, do Parlamento de Galicia, por expiración do seu mandato, as seguintes persoas:

– Encarnación González Vázquez.

– Senén Barro Ameneiro.

– José Carlos de Miguel Domínguez.

– Miguel Domingo Rodríguez Bugarín.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria