Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica un emprazamento relativo ao procedemento ordinario 3/2017, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia contra o acordo de concentración parcelaria de Val Meirás-Lago II (Valdoviño).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesada

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Amalia López López

Emprazamento

Val Meirás Lago II (Valdoviño-A Coruña)