Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0739/2017-COP e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0739/2017-COP e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra as resolucións dos expedientes de referencia, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c), da mesma lei.

Vigo, 15 de febreiro de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-PO-0739/2017-COP

Rosa Olinda Antonio Torres

510441483

Resolución

Cordoeiro, 127, Vila do Conde (Portugal)

PSC-PO-0868/2017-COP

Luís Alfredo dos Anjos

07523092

Resolución

Fernando Ferreira, 103, Montijo (Portugal)

PSC-PO-0891/2017-COP

José Héctor Salamanca Vidal

36104471Z

Resolución

Fontaíñas, 13, Nigrán

PSC-PO-0959/2017-PPM

Juan Adolfo Roma Bermúdez

35447299K

Resolución

Ánimas, 10, 4º esq., Vigo