Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2018 Páx. 12203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se anuncia unha corrección de erros no expediente 2018/CSEA1/0000002.

Con data do 8 de febreiro de 2018, foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 28 o anuncio de licitación do servizo de limpeza en edificios e locais do Campus de Santiago de Compostela da USC (expediente 2018/CSEA1/000002).

1. Advertido un erro material na cláusula 13.3 do anexo I de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), procédese á súa corrección:

Onde di: «O incumprimento das obrigas establecidas na cláusula 5.1 do prego de prescricións técnicas poderá implicar, a primeira vez, a aplicación dunha penalización do 2 % na factura mensual»,

Debe dicir: «O incumprimento das obrigas establecidas na cláusula 4.1 do prego de prescricións técnicas poderá implicar, a primeira vez, a aplicación dunha penalización do 2 % na factura mensual».

2. Advertidos erros de feito nos criterios subxectivos de valoración establecidos no anexo I de especificacións do contrato do PCAP, procédese á súa corrección co seguinte tenor:

11.1. Sobre B.

1. Relacionados coa prestación do servizo. Ata 20 puntos.

A. Onde di: «Ata 20 puntos», debe dicir: «Ata 30 puntos».

B. Elimínase o punto 1.9: «Certificacións de calidade».

C. Substitúese este punto polo de «Protocolo de actuación en materia de xestión de residuos».

Na cláusula 11.1.2 «De carácter social e ambiental», elimínase este punto 2 e a súa valoración.

3. Advertido un erro de feito na cláusula 1.1 do prego de prescricións técnicas (páxina 2), procédese á súa corrección eliminando as letras k) e n) que fan referencia, respectivamente, ás certificacións de calidade e ás certificacións ambientais.

Tendo en conta a substantividade e relevancia da presente corrección de erros, e co obxecto de favorecer a máxima participación posible na licitación do contrato, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas que finalizará ás 14.00 horas do día 3 de abril de 2018.

Os fundamentos desta resolución pódense consultar no perfil do contratante da USC: http://www.usc.es/contratacion

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

O reitor
P.D. (Resolución do 22.9.2015, DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela