Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12356

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras consistente na rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado nas Felgosas, 31, Cerdido, A Coruña, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente C-2017/REE 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación enerxética do edificio de 6 VPP situado nas Felgosas, 31, Cerdido, A Coruña.

b) Prazo de execución: catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: douscentos catro mil catrocentos dous euros con oito céntimos (204.402,08 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e dous mil novecentos vinte e catro euros con corenta e catro céntimos (42.924,44 €).

c) Importe total: douscentos corenta e sete mil trescentos vinte e seis euros con cincuenta e dous céntimos (247.326,52 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

c) Concreción dos requisitos de solvencia técnica ou profesional: os establecidos no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e de prescricións técnicas (PPT) polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet
www.xunta.es/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=280571 e no perfil do contratante
http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (criterios dependentes de xuízo de valor) e do sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar na sede dos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo