Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada, da obra de rehabilitación enerxética no CEIP Veleiro-Docampo de Castro de Rei, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01 (expediente ED 7/18-O).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra de rehabilitación enerxética no CEIP Veleiro-Docampo.

b) Lugar de execución: Castro de Rei (Lugo).

c) Prazo de execución: 2,5 meses.

d) Clasificación: non se exixe. En substitución da solvencia os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación: grupo C, categoría 2.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos puntos 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 309.256,46 €.

b) IVE: 64.943,86 €.

c) Importe total: 374.200,32 €. Este importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 04, obxectivo específico 04.03.01.

5. Garantía provisional.

a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído) (6.185,13 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego tipo de cláusulas administrativas e o correspondente cadro de especificacións particulares, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=271908

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria