Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, da subministración, por lotes, de cadeiras de brazos para salóns de actos, recunchos de lectura, mobiliario para aulas de plástica, entre outros, para os distintos centros educativos que dependen desta consellería (expediente ED-15/18 SU).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-15/18 SU.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de cadeiras de brazos para salón de actos, recunchos de lectura, mobiliario para aulas de plástica, entre outros, para os distintos centros educativos que dependen da consellería.

b) División por lotes e número: si, catro.

c) Lugar de entrega e instalación: almacén da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sito no polígono industrial de Toedo, concello da Estrada (Pontevedra) ou no centro educativo que se sinale en función do volume de artigos que se vaian entregar.

d) Prazo de entrega: 30 días desde a formalización do contrato ou o prazo ofertado polo adxudicatario se for inferior.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran nos números 15 e 16 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: 137.366,00 euros (IVE excluído). IVE: 28.846,86 euros. Importe total: 166.212,86 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o número 13 do cadro de especificacións particulares do prego tipo de cláusulas administrativas.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación, no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=277363.

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.

d) Lugar de presentación:

1ª). Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia no Complexo Administrativo San Caetano ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria