Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2018 Páx. 12315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a convocatoria pública do procedemento de contratación aberto, polo trámite ordinario, para a adxudicación do contrato de servizos, documentalmente simplificado, suxeito a regulación harmonizada, denominado Xestión e dirección do centro Montealegre en Ourense, para a execución dun programa de acollemento residencial de menores baixo a medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia especializado na atención terapéutica para menores con problemas de conduta (24 prazas).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

c) Número de expediente: 06/2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: xestión e dirección do centro Montealegre en Ourense para a execución dun programa de acollemento residencial de menores baixo a medida de protección de tutela ou garda da Xunta de Galicia especializado na atención terapéutica para menores con problemas de conduta. 24 prazas.

b) Número de lotes: lote único.

c) Lugar de execución: Ourense.

d) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de marzo de 2020.

e) Admisión de prórrogas: si.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada. Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Prezos unitarios máximos por praza/día, sen IVE: prazas especiais: 167,75 euros.

Prezos unitarios máximos por praza/día, con 10 % de IVE: prazas especiais: 184,53 euros.

Orzamento máximo total sen IVE: 2.943.006,00 euros. Con IVE: 3.237.394,32 euros.

5. Garantías.

Provisional: non.

Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Servizo de Protección de Menores da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos de información: 981 54 56 65/981 54 46 30.

d) Telefax: 981 95 75 91/981 54 46 34.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata finalizar o prazo para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase mediante a presentación dos documentos exixidos no prego de cláusulas administrativas particulares (número 4 da cláusula 3).

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas do 3 de abril de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia do Complexo Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela.

d) Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar, dentro do prazo de admisión indicado, a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 95 75 91) no mesmo día.

e) Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses.

g) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Lugar de apertura dos sobres: sala de xuntas da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

e) Data e hora de apertura dos sobres: publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obter os pregos:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=280573

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de febreiro de 2018.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2018

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social