Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, da elaboración do proxecto construtivo, a execución de obra e prestación dos servizos complementarios para a construción de 6 vivendas modulares e a execución da urbanización correspondente no concello de Cenlle, Ourense (expediente OU-2017/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a redacción do proxecto construtivo para a construción de 6 vivendas modulares prefabricadas e a súa urbanización, a execución das obras correspondentes e a prestación dos servizos complementarios de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde.

b) Prazo de execución: 10 meses, que terá, en todo caso, carácter de prazo máximo. Prazos parciais: prazo de elaboración do proxecto construtivo e do proxecto de urbanización do ámbito: 2 meses. Prazo de execución das obras: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: novecentos vinte e catro mil euros (924.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): cento trinta e sete mil novecentos corenta euros (137.940,00 €).

c) Importe total: un millón vinte e oito mil novecentos corenta euros (1.028.940,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo C, subgrupo 3, categoría 4.

b) Concreción das condicións de solvencia técnica ou profesional: as establecidas no PCAP.

7. Obtención de documentación.

O PCAP e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www/contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=279902 e tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no Rexistro Xeral do IGVS, antes das 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (núm. 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (proposicións técnicas) e do sobre C (proposicións económicas e criterios avaliables mediante fórmulas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

10. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2018

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo