Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12654

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito por esta consellería no terceiro cuadrimestre de 2017.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade ao convenio subscrito pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO
Convenio de colaboración subscrito pola Consellería de Infraestruturas
e Vivenda no terceiro cuadrimestre de 2017

Descrición

Data de sinatura

Importe

Prórroga para o ano 2018 do convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e Renfe Viajeros, S.A., polo que se instrumenta a integración desta empresa na Área de Transporte Metropolitano de Ferrol

19.12.2017

38.133 €