Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2018 Páx. 12739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación para a contratación, documentalmente simplificada, da subministración sucesiva, por prezo unitario, de material de oficina non inventariable e papel con destino a esta consellería (dous lotes), mediante acordo marco cun único empresario, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada (expediente 9/2018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración mediante acordo marco cun único empresario.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva, por prezo unitario, de material de oficina non inventariable e papel con destino á Consellería do Mar.

c) División por lotes e número: si.

Lote 1: material de oficina non inventariable.

Lote 2: papel de fibra reciclada e fibra virxe.

d) Prazo execución: o prazo de vixencia do acordo marco será de dous (2) anos, e a data prevista do inicio da súa vixencia será o 1 de xullo de 2018.

e) Admisión de prórroga: si, o acordo marco é prorrogable por outro (1) ano máis.

f) CPV. Lote 1: 30190000-7, 30192000-1 e 30197000-6.

Lote 2: 30197620-8, 30197630-1 e 30197643-5.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, documentalmente simplificada; aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de valoración das ofertas: automáticos, indicados na epígrafe J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento de licitación (conxunto dos 2 lotes):

Importe neto: 124.661,16 €. Importe IVE (21 %): 26.178,84 €. Importe total: 150.840,00 €.

Valor estimado: 205.690,91 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Mar.

6. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto nas epígrafes F e G da folla de especificacións do PCAP.

7. Garantía exixida: dada a natureza do acordo marco non se exixe garantía definitiva. Procederase segundo o indicado na epígrafe I da folla de especificacións do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar. Servizo de Contratación e Réxime Patrimonial.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas e consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 50 03.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mar@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no seguinte enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=283097.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no PCAP.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro xeral. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación mediante telegrama, fax (981 54 50 03), correo electrónico (licitacion.mar@xunta.gal), burofax ou telegrama, no mesmo día, e nun só envío.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Data e hora: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017, DOG núm. 180, do 21 de setembro)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral Técnica da Consellería do Mar